Alojamiento WEB de Artistas de Galicia
|
Relación de actividades del Día de los Museos por parte del Museo Provincial del Lugo.
|
O Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, a Directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro, e o Responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística, Antonio Reigosa, presentaron a programación prevista nos museos da REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO Un programa moi amplo, para todos os públicos, con actividades tan variadas como viaxes e visitas guiadas os catro museos dependentes da Deputación de Lugo, obradoiros artísticos e literarios, representacións históricas, concerto de Paloma Suanzes e actuacións de Cándido Pazó, cine, música, teatro e moitos agasallos de libros, láminas e chapas. Todos os museos abren o luns 18 de maio, en horario amplo, para conmemorar cos visitantes o Día Internacional dos Museos. Actividad: BOTELLA AO MAR: Un berro polo futuro da LINGUA GALEGA Durante a semana que vai desde o día 12 ata o 18 de maio os catro museos da Rede da Deputación de Lugo terán a disposición do público, especialmente para o alumnado que os visite, unha botella na que recoller mensaxes de esperanza para o futuro da lingua galega. O luns, 18 de maio (Día Internacional dos Museos), todas as mensaxes serán trasladadas ao Museo Provincial do Mar de San Cibrao para que os participantes no obradoiro "Botella ao mar" as liberen entre as ondas, que son ronsel de futuro e de esperanza. Actividad: MUSEO PROVINCIAL DE LUGO Sábado, 16 de maio de 2009: Noite dos museos Horario de apertura: De 10:30 a 14:00 h e de 16:30 a 00:00 horas Visita guiada 10:30 h: Visita guiada para os integrantes de "Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo" De 11:00 a 13:00 h: A creatividade sen límites, obradoiro experimental de creación artística a cargo de Iván Prieto. Con inscrición previa. Limitado a 15 participantes entre os 8 e os 14 anos. Castrexos e romanos Membros da Asociación Cultural "Terra Copora" farán diferentes representacións de carácter histórico, tanto no interior como no exterior do edificio do Museo Provincial de Lugo. 19:00 h.: A comitiva repartirá información dos actos na praza da Soidade. 19:30 h.: Os figurantes castrexos e romanos estableceranse nos seus puntos representación, previamente delimitados, no interior e exterior do MPL. 21:00 h.: Un destacamento da Cohorte partirá do Museo para facer un percorrido polas rúas do centro da cidade. Os auxiliares invitarán aos viandantes a asistir aos actos previstos no Museo Provincial de Lugo pola noite. Visita-concerto: Paloma Suanzes Como en anos anteriores o Museo Provincial de Lugo súmase ao programa da Dirección dos Museos de Francia, denominado "A noite dos museos" e proponlle ao visitante asistir a: 22:00 h: Visita-concerto musical. Percorrido por distintas salas do museo guiados pola voz e a música de Paloma Suanzes. Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas "Un museo cheo de libros". Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Ramón Piñeiro, o visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 10:30 a 20:30 horas Haberá agasallos para todos visitantes que se acheguen ao museo nesta data. Narración oral 11:00 h: O espectáculo da palabra, por Cándido Pazó 12:30 h: O espectáculo da palabra, por Cándido Pazó Rexistros abertos 20:00 h: Visita á exposición Rexistros abertos, comentada polo comisario da mostra Rafael Lens. Ademais: Sala de exposicións do Museo Provincial de Lugo Rexistros abertos. Materias, contextos e narrativas na arte galega actual (do 3 de abril ao 31 de maio de 2009) Sala de exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo) Incisións (do 4 ao 24 de maio de 2009) MUSEO PROVINCIAL DO MAR San Cibrao, Cervo (Lugo) Sábado, 16 de maio de 2009 Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h Viaxe: Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo Visitamos o Museo Etnográfico de San Paio de Narla, o Museo Provincial de Lugo e o Pazo de Tor. Autobús gratuíto. Inscricións no Museo Provincial do Mar 09:00 h: Saída de San Cibrao De 10:30 a 11:30 h: Visita ao Museo Provincial de Lugo De 12 a 13:00 h:Visita ao Museo Etnográfico de San Paio de Narla De 14:30 a 16 h: Xantar en Monforte de Lemos por conta das persoas asistentes De 16:00 a 18:00 h: Visita ao Pazo de Tor De 18:00 a 19:00 h: Paseo por Monforte de Lemos 21:00 h: Chegada de regreso a San Cibrao Ciclo de conferencias: Historia de Galiza 18:30 h: Conferencia de Anselmo López Carreira, co título "A Idade Media". Organiza a Asociación Cultural MariñaPatrimonio. Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas "Un museo cheo de libros". Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Visita guiada 16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo "Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo" Narración oral 12:00 h: O espectáculo da palabra, por CándidoPazó Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h. Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data. Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas. Todas as mensaxes recollidas nos outros museos da Rede Museística serán botadas ao mar polos participantes neste obradoiro. PAZO DE TOR Tor, Monforte de Lemos (Lugo) Sábado, 16 de maio de 2009: Noite dos museos Visita guiada 16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo "Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo" Narración oral 18:00 h: O espectáculo da palabra, por Cándido Pazó Prestrea da película: O labirinto ario 21:00 h: Preestrea da curtametraxe O labirinto ario, gravada no Pazo de Tor Presentación do disco de Xoán Curiel: Nai 22:00 h: Presentación do primeiro álbum de Xoán Curiel, con influencia de ritmos étnicos do mundo (música tradicional galega, da África subsahariana, árabes e sons latinos). Ademais interpretará unha selección de cancións de cantantes brasileiros que cantan o mundo do cosmos e as estrelas, con motivo da celebración do Ano da Astronomía. Mirando o ceo 22:30 h: Para descubrir as estrelas, actividade conmemorativa do Ano Internacional da Astronomía 2009, a cargo de Francisco García da Agrupación Astronómica Lucense. A realización desta actividade dependerá das condicións meteorolóxicas. Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Visitas guiadas ás 11:00, 12:30, 16:30 e 18:00 h Viaxe: Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo Visítase o Museo Etnográfico de San Paio de Narla, o Museo Provincial de Lugo e Museo Provincial do Mar de San Cibrao. Autobús gratuíto. Inscricións no Pazo de Tor. 09:00 h: Saída de Monforte de Lemos De 10:30 a 11:30 h: Visita ao Museo Provincial de Lugo De 12:00 a 13:00 h: Vista ao Museo Etnográfico de San Paio de Narla De 14:30 a 16:00 h: Xantar en San Cibrao por conta dos asistentes De 16:00 a 18:00 h: Visita ao Museo Provincial do Mar De 18:00 a 19:00 h: Paseo por San Cibrao 21:00 h: Chegada a Monforte de Lemos "Un museo cheo de libros". Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Ramón Piñeiro, o/a visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Visitas guiadas ás 11:00, 12:30, 16:30 e 18:00 horas Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data. Un pazo de cine A partir das 11:00 h, mostra de imaxes de películas, actores e actrices que gravaron cine no Pazo de Tor. MUSEO ETNOGRÁFICO DE SAN PAIO DE NARLA Torre de Xiá, Friol (Lugo) Sábado, 16 de maio de 2009 Horario de apertura: De 12:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h Visita guiada 12:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo "Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo" Narración oral 12:00 h: O espectáculo da palabra, por Cándido Pazó Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: de 12:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h "Un museo cheo de libros". Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Visita guiada 12:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo "Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo" Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h Haberá agasallos para os visitantes que se acheguen ao museo nesta data. Teatro escolar A serpe da cova (un divertimento). Montaxe a cargo do grupo de teatro "Algo máis que pan e queixo", do CPI Dr. López Suárez, de Friol (Lugo) 1.ª función: luns, 18 de maio, ás 12:00 horas 2.ª función: martes, 19 de maio, ás 12:00 horas 3.ª función: mércores, 20 de maio, ás 12:00 horas |