Pintores de GaliciaEl sitio WEB de los Artistas Pintores de Galicia |
A Fundación Laxeiro clausura a exposición "Laxeiro, ilustracións, estampas e deseños"
Vista parcial da exposición A mostra, comisariada por Daniel Buján, Director do Centro Superior Bibliográfico de Galicia, foi visitada por 3.000 persoas desde a súa inauguración o pasado 20 de febreiro, e nela se poden var curiosidades de finais dos anos vinte, como os orixinais das súas colaboracions cos xornais El pueblo gallego e Faro de Vigo, cando só tiña vinte anos; ou as ilustracións na edición francesa de 1954 do volume titulado Poemas, Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, editada por Medulio. Debuxo orixinal dunha das ilustracións da publicación: CELA TRULOCK, C.J. Discurso para unha xove dama amante dos libros. Vigo:Ir indo, 1990 Destaca a súa estreita relación con autores literarios como Eduardo Blanco Amor, Camilo José Cela, Eliseo Alonso, Julián Marcos, Lorenzo Varela, cos que na sú etapa arxentina colaborou en diferentes proxectos editorias que se poden var na exposición. Hai tamén colaboracións coas editoriais Galaxia, Xerais, Botella al mar, Ir indo, O castro, etc., nun periplo que descobre algo máis que unha relación accidental coa creación gráfica. No apartado de gravados, destacan os realizados para a versión galega do Quixote, a magnífica carpeta titulada Caos Armonía, editada por Díaz Casariego en 1976 que vai acompañada de textos de Rodolfo Relman, diferentes serigrafías e augafortes de distintas épocas e a exposición por primeira vez das pranchas da serie de gravados titulada Trilogía, editada en 1995, un ano antes da súa morte. Vista parcial da exposición A exposición complétase con deseños, como a vaixela que deseñara para Sargadelos en 1990 ou a botella de viño Amadeus, gañadora do Premio de deseño e marketing da Cooperativa vitivinícola do Ribeiro, na súa edición de 1991. Un dos gravados incluidos na carpeta "Caos Armonía". Madrid: Díaz Casariego, 1976 Con esta mostra, patrocinada pola Deputación de Pontevedra, a Fundación Laxeiro quere facer visible unha faceta de Laxeiro pouco coñecida, na que traballou en colaboración con editoriais, empresas de deseño e artistas gráficos e literarios, debuxando un itinerario cultural que vai máis alá da súa obra pictórica e debuxística, contextualizando así a súa andaina polo mundo da creación galega a ambos lados do Atlántico. A Fundación Laxeiro está preparando unha publicación na que recollerá de forma detallada toda a súa produción gráfica e editorial. Un proxecto que por primeira vez, documentará o traballo de Laxeiro como ilustrador e gravador, nunca antes recopilado de forma sistemática. Los horarios de visitas son: de lunes a viernes de 18:00 a 21:00, sábados de 11:00 a 14:00 y de 18:00 a 31:30, domingos y festivos de 11:00 a 14:00 (mas información en la web de la Fundación Laxeiro) Fundación Laxeiro Rúa Policarpo Sanz 15, Vigo |