Exposición de grabados de Xavier Magalhaes en Lalín
Lalín, 30 de marzo de 2012
En el
Museo Municipal Ramón María Aller de Lalin, será presentada una carpeta de grabados de
Xavier Magalhaes, (Pontevedra 1953), que bajo el título de "
O Ceo das Fugaces", muestra una grupo de serigrafías, últimos trabajos del artista pontevedrés.
El acto de presentación tendrá lugar el día 30 de marzo de 2012 a las 20:30
O ceo das fugaces
Dende a nenez as estrelas e o mundo da astronomía sempre exerceron sobre mín un engado indescritible: as distancias, os brillos...pero sobre todo as estrelas fugaces, eses meteoritos que pasan deixando un ronsel de colas cheas de cor, facendo que as lendas, os antigos contos e os contos de pícaros e os adultos contos e moitos máis contos e desexos facéndoos realidade.
Cando hai anos visitei unha exposición no Museo e Observatorio D. Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín, souben quen fora ese gran astrónomo, matemático e humanista galego, que xa en Outubro de 1933 observou o paso das Dracónidas, experiencia que recolleu nun artigo publicado na revista “Las Ciencias” en 1934. A partir deste feito concebin o proxecto de realizar unha carpeta serigráfica coma un pequeno homenaxe en lembranza da súa persoa.
En outubro do pasado ano, nunha das miñas estadías en San Cibrao (Cervo) paseando vagariño xunto o mar preto da praia de Portelo de Aló, malia da contaminación lúminica da lúa chea e da súa saia, reflexada no Cantábrico, vín pasar unha serie de estrelas fugaces e fiquei absorto, xa que eu soamente coñecía o paso das de San Lorenzo e para mín descubrir a existencia destas foi unha novidade.
Se cadra foi o motivo polo que a lembranza da figura de D. Ramón apoderouse do meu pensamento e comecei a investigar e descubrin que a parte das Dracónidas ou Giacobínidas outras formacions estelares nos visitan periodicamente: Oriónidas, Táuridas, Leónidas, Gemínidas, cos nomes das cales bauticei as catro serigrafias da presente carpeta e por fin puiden cumplir o desexo de adicarlle este traballo a D. Ramón Mª Aller Ulloa, na espranza de que a idade, por moito que pasen os anos , non sexa unha dificultade para seguir sendo nenos e poder desexar bos agoiros cando volvamos a albiscar no infinito ceo da noite unha destas estreliñas errantes.
Xavier Magalhaes
Museo Municipal Ramón María Aller
Rua Ramón Aller, 9
36500 Lalín
Clic en las miniaturas para ampliarlas