Perico Castro Couto: Textos críticos
Perico Castro no Ateneo Ferrolán
Perico Castro Couto naceu 50 anos despois de Carlos Maside, pero o fixo para continuar a súa obra. Pedro é o Maside vivo.
Nas súas pinturas vemos temas de prehistoria, de arqueoloxía, de historia medieval… pero cada historia da para un conto, cada historia está chea de símbolos moi importantes para a nosa cultura e nesas obras está todo conectado.
Son historias que naceron hai moitos anos:
o tema dos mayos, da Tarasca como explosión do inverno, das peregrinacións… e que están en estos cuadros plenamente representados.
Coñecer este mundo necesita duns coñecementos enciclopédicos e non os pode coñecer calqueira; este interés surxiu na generación Nos e algúns, como Perico, seguen a mantelo vivo.
Para Pedro Castro, o quiz, a clave está no asunto –cada un destes cadros é un asunto, unha historia- non porque crea que a historia teña que absorber ou subordinar os valores plásticos; teña que converter o cadro en simple narración, senón que a usa como elemento ensamblador del, a súa semente, é a semente que está ahí e a calidade da semente define a esencia e o valor humano da súa pintura.
Pedro Castro vai sementando cousas que veñen de tempos ancestrais. A carga magnética do color e das formas: Pedro pensa que hai que pintar aquelo que amamos entrañablemente, que nos ata co seu misterio e a súa alegría, que mete as súas raíces en nos e as súas ansias de florecer na nosa alma.
Os investigadores da pintura galega coinciden hoxe nunha cousa: Pedro é o continuador natural do espíritu da obra de Carlos Maside.
O “Maside vivo” empezan a chamarlle.
Andrés Pena Graña