Pintores de Galicia. Galerías de Galicia. Actualidad.

Pintores de Galicia

El sitio WEB de los Artistas Pintores de Galicia

Jesús Balado Paz, biografía

CerasOleos paisaxe. Oleos bodegóns.  Debuxos. Biografía. Exposicións. Español En castelán
El pintor Jesús Balado
    Jesús Balado Paz naceu en Fene en 1947. Recibe as súas primeiras clases de pintura no estudio do pintor ferrolán Carlos Villaamil, e máis tarde estuda con Ricardo Segura Torrella. A pesar destas ensinanzas, podemos considerar a Jesús Balado como un pintor autodidacta, pois son o seu afán de superación e as súas inquedanzas artísticas os que guiaron en todo momento o seu devir artístico, o que o fan progresar no dominio das técnicas que cultiva cun estilo totalmente persoal.
Bo debuxante, de trazo seguro, traballa fundamentalmente con ceras, aínda que domina o óleo, a acuarela e o gouache. Sae pintar ao campo con regularidade, traballando a paisaxe rural da comarca ferrolá. Tamén é visto frecuentemente pintando os máis fermosos recunchos da nosa cidade.
Conseguiu varios premios en toda a súa vida profesional, dedicada maioritariamente á pintura e a impartir clases de debuxo. Como curiosidade, este artista é zurdo.
Vive en Venezuela entre os anos 1983 e 1996, onde traballa e pinta, expoñendo na Hermandad Gallega de Puerto Ordaz en 1994, onde presenta once ceras e oito debuxos a tinta. Volve a Ferrol en 1996.

Premios:
Premio Provincial da Obra de Educación e Descanso nos anos 1973 e 1974.
Primeiro premio de Pintura Barrio de Esteiro, convocado pola Caixa Xeral de Aforros de Ferrol.
Segundo premio no Primeiro Certame Rexional de Pintura Álvarez de Sotomayor 1975
En 1975 recibe o primeiro premio ao mellor cadro no Certame Nacional de Educación e Descanso e o primeiro premio á obra de conxunto do Curso Nacional para Primeiros Premios Provinciais.

Exposicións:
Realizou a súa primeira exposición en 1964 no Círculo Mercantil de Fene, e as seguintes foron nos anos 1967 en Fene e 1970 en Fene e tamén en Ferrol.
1972 Exposición de Óleos no Círculo Mercantil de Fene
1973 Sala AFFA de Ferrol
1974 Galerías JARPA de Ferrol
1976 Hotel Los Ángeles, Betanzos
1977 Óleos, debuxos e ceras, do 2 ao 11 de xaneiro, no Liceo Ourensán
1977 e 1978 Casino Ferrolán
1980 Banco Bilbao, Ferrol
1994 Hermandad Gallega de Puerto Ordaz, Venezuela
1996 Círculo Mercantil e Industrial de Fene do 15 ao 22 de decembro, onde presenta dezaseis óleos, trece ceras e sete debuxos
1997 Sala Municipal do Mercado Vello das Pontes
2000 En agosto expón na cafetería La Oficina ceras e óleos, paisaxes urbanas e rurais
2000 En decembro expón en Galerías Ferrol doce ceras e dez óleos que representan bodegóns e paisaxes
Colectivas:
2005 Artistas Ferroláns, Fundación Caixa Galicia, Ferrol
1974 Salon de Mayo, no salón de Arte do Excmo. Concello da Coruña. Exposición dun grupo de artistas ferroláns, en cuxo catálogo figuran por esta orde:
Jesús Balado, con seis cadros
Braxe, X. con cinco cadros
Luis Calvo, con dous cadros
Juan J. Cebral, con catro cadros
María Luisa Espinosa, con sete cadros
Francisco José Fernández, con catro cadros
Rosa María Galdo, con sete cadros
Lola Ibáñez, con seis cadros
Mercesdes Ramos, con sete debuxos
Francisco R. Huerta, con cinco cadros
José Rubio Gascón, con seis esculturas
O comentario á exposición foi realizado por Jaime Cagiao Alonso.