Pintores de GaliciaEl sitio WEB de los Artistas Pintores de Galicia |
Jesús Balado Paz |
|
O pintor Jesús Balado Paz naceu en Fene en 1947. Recibe as súas primeiras clases de pintura no estudio do pintor ferrolán Carlos Villaamil, e máis tarde estuda con Ricardo Segura Torrella. Bo debuxante, de trazo seguro, traballa fundamentalmente con ceras, aínda que domina o óleo, a acuarela e o gouache. Sae pintar ao campo con regularidade, traballando a paisaxe rural da comarca ferrolá.Carlos Villaamil Conseguiu varios premios na súa vida profesional, entre outros o Primeiro Premio Rexional Álvarez de Sotomayor. A súa actividade artística está dedicada maioritariamente á pintura e tamén a impartir clases de debuxo. Realizou a súa primeira exposición en 1964, cando contaba con só 17 anos. A esta seguiron outras exposicións en diversas localidades españolas e en Venezuela onde residiu varios anos. Fundamentalmente traballa a paisaxe, tanto rural como urbana, pero tamén realizou excelentes retratos denotando o seu gran dominio do debuxo. Jesús Balado imparte clases de debuxo e pintura no seu estudio, na rúa do Sol, 117, en Ferrol. |