Cinco anos despois da súa última exposición en Vilagarcía volta a Arcana cunha móstra de idéntico título, Epicromías...
-É que máis que un título é unha definición da miña obra. En vez de poñer ‘Eduardo Baamónde. Pinturasd’, pois puño ‘Epicromíasd’, que penso que se axeita mais ao que se exhibe.
-Un concepto de colleita propia...
-Si, é unha palabra inventada que fai alusión a obxectos e composición: fantásticas.
-A partires, supoño, do tratamento da cor, botando man dunha etimoloxía de andar por casa...
-Exactamente. O concepto, como che digo non existe, mais viría a significar algo así como ‘sobre a cor'. Esa sería a idea. A cor sería o fío condutor de todo o que sucede nos meus cadros. Realmente o que pretendo é crear unhas determinadas atmosferas a través do tratamento da luz e a cor. Unhas atmosferas que definen un estado de ánimo e ao tempo invitan an espectador a imaxinar unha serie de historias. Polo tanto é fundamental para min o ambiente que desprenden os lenzos: se hai valeiros, se están moi saturados de obxectos... Ás veces interésame buscar unha sensación sobrecargada, barroca, namentres que outras veces boto man intencionadamente de espazos valeiros.
-Coma neste caso, polo que puiden comprobar na mostra...
-Si, na maioría dos cadros expostos en Arcana, aínda que compostos dunha serie de elementos dispostos en conxunto, é máis doado rastrear ausencias que composicións sobrecargadas das que se desprenda unha idea de caos, que tamén as hai. Digamos que son chaves, xogos cromáticos, bastante elementais, que vou indagando e manexando ao longo do meu traballo como pintor.
-Chama a atención que non destaque o compoñente volumétrico dos seus lenzos. Desde a ignorancia, atreveríame a catalogar a súa mostra como unha especie de revisión metafísica do bodegón, aínda que sone un pouco paradóxico...
-Realmente parto dunha configuración clásica, que non é outra cousa que colocar obxectos nun plano horizontal. A partir deste concepto creo esas escenografías, esas atmosferas. Que sucede? Que os obxectos son todos seres fantásticos, inventados.., 'artefactos? de propia colleita. Pinto obxectos imaxinados como un neno inventa xoguetes cando non mos traen da tenda. Xoguetes inventados, propios, construídos coas cousas que temos ao redor. Nese senso acertaches de cheo, a volumetría é esencial nos meus cadros. Emprego a luz e a cor como principal ferramenta pero boto man de corpos xeométricos que se imbrican, se transforman, Se retorcen... De feito unha das inspiracións quizais mais fortes que tiven nos últimos anos e que me deu para mais dunha serie foi todo unha chea de refugallo de beiramar que houbo en Cambados hai uns anos, coincidindo cunha forte reconversión pesqueira. No porto de Tragove tiraron un montón de barcos, aparellos, que eu pintei varias
veces. Ese aspecto caótico de acumulación de lixo resuitóume moi suxerente. Unha multitude de formas que finalmente non teñen ningún valor nin sentido. Esa é unha idea recurrente nos meus cadros.
-Mais sempre cun trasfondo optimista...
-No creas, hai moita ironía. Hai unha serie de obxectos que poden lémbranos un mundo infantil, un mundo afable, mais realmente do que estou a falar é da futilidade, da vacuidade, de como nos deixamos enganar polo aspecto superficial das cousas. Unha suposta importancia material que moitas veces non esconde nada.
Antonio Casado
Faro de Vigo 15/02/2008