Pintores de Galicia. Galerías de Galicia. Actualidad. Logo
Escultura conmemorativa do 800 cabodano da Consagración da Catedral Santiago de Compostela
Santiago de Compostela. 29/2/2012

Hoxe fíxose a recepción oficial pola Fundación Catedral de Santiago, da escultura conmemorativa do 800 Aniversario da consagración da Catedral de Santiago de Compostela, doada pola Corporación Hijos de Rivera.

Recepción oficial pola Fundación Catedral de Santiago, da escultura conmemorativa do 800 Aniversario da consagración da Catedral de Santiago de Compostela, doada por Hijos de Rivera. De esquerda a dereita, D. Daniel Lorenzo Santos, Director da Fundación Catedral de Santiago, D. José María Rivera Trallero, Conselleiro delegado de Hijos de Rivera, D. José María Díaz Fernández, Deán da Catedral de Santiago, Manuel Patinha, autor da escultura, e os conselleiros de Corporación Hijos de Rivera, Fernando Hernández Rivera e Ramón Blanco Rajoy Rivera. A escultura, de aceiro cortén, foi realizada polo escultor portugués Manuel Patinha, (Povoa de Santa Iria, 1949). A peza quere simbolizar a unha das doce cruces da consagración da catedral compostelá, que se encontran nas naves da basílica. As travesas da Cruz foron volteadas de forma que a figura que representa é un 8, séculos dende a consagración, que contén á súa vez os dous ceros que xunto ao 8 simbolizan os oitocentos anos da consagración. A peza aséntase sobre dúas bases de granito, nunha posición tal que a sombra proxectada a primeiras horas do día, cando o sol comeza a iluminar o claustro, forma o oito, nunha figura que recordará polos tempos o oitavo centenario da consagración. O peso do conxunto escultórico supera os oitocentos quilos.

A escultura foi situada nunha esquina do claustro da Catedral, construído a principios do século XVI, de estilo gótico-renacentista. Na esquina oposta encóntranse tres campás, a mais grande, a Berenguela, campá fundida en 1729, e substituída a causa dunha greta.

A consagración da Catedral de Santiago tivo lugar na segunda semana de Pascua do ano 1211, polo bispo de Compostela, Pedro Muñiz, en presenza do Rei de León, Alfonso IX, acompañado do seu fillo o infante Fernando, do seu irmán Sancho e outros dignitarios.

Acta da recepción oficial pola Fundación Catedral de Santiago, da escultura conmemorativa do 800 Aniversario da consagración da Catedral de Santiago de Compostela, doada por Hijos de Rivera. De esquerda a dereita, D. José María Rivera Trallero, Conselleiro delegado de Hijos de Rivera, D. Daniel Lorenzo Santos, Director da Fundación Catedral de Santiago e D. José María Díaz Fernández, Deán da Catedral de Santiago. A acta de recepción da escultura, pola Fundación Catedral de Santiago, asinado por D. José María Díaz Fernández, Deán da Catedral de Santiago, foi lido por D. Daniel Lorenzo Santos Director da Fundación Catedral de Santiago, coa presenza do artista creador da escultura, D. Manuel Patinha. Por parte da empresa Hijos de Rivera, asistiu D. José María Rivera Trallero, Conselleiro delegado de Hijos de Rivera e os conselleiros de Corporación Hijos de Rivera, Fernando Hernández Rivera e Ramón Blanco Rajoy Rivera. Por parte do Concello de Santiago, asistiu D. Ángel Currás Fernández, Concelleiro de cultura.

Falou en primeiro lugar o escultor, Manuel Patinha, da idea da peza e a dificultade da realización da espectacular escultura. Patinha agradeceu a confianza no seu traballo ao facerlle encargo dunha obra coa transcendencia desta peza e o simbolismo que representa. Agradeceu o patrocinio de Hijos de Rivera que financian e doan a peza, e á Fundación Catedral de Santiago, por situala en lugar tan destacado. Finalmente mostrouse satisfeito do traballo realizado e da importancia deste acto de cesión da escultura.


En palabras de D. José María Díaz Fernández, Deán da Catedral, encontrámonos verdadeiramente diante dunha gran creación artística. Situada no sitio idóneo, no Claustro da Catedral, nunha esquina as vellas campás, marcadas de resonancias históricas, e noutro ángulo, fronte por fronte, precisamente esta cruz xigantesca, que volteada recorda o oitocentos aniversario. A nosa felicitación ao autor, precisamente un autor portugués afincado en Galicia".

Tras estas palabras, procedeu á lectura da acta de recepción, D. Daniel Lorenzo Santos, Director da Fundación Catedral de Santiago: "O Cabido da Santa Apostólica e Metropolitana Igrexa Catedral Compostelá recibe con gratitude de Hijos de Rivera S.A. a escultura realizada en aceiro cortén polo artista D. Manuel Patinha", peza que se incorpora á colección de obras de arte do Museo Catedralicio, e que queda para a posteridade como testemuño dos actos de celebración do oitocentos aniversario da consagración da Catedral de Santiago.

O escultor Manuel Patinha, diante da escultura "800", conmemorativa do 800 Aniversario da consagración da Catedral Santiago de Compostela. 29/2/2012. Manuel Patinha, Póvoa Sta Iria (Portugal) 1949.
Estuda na Escola Industrial de Vila Franca de Xira, para ingresar posteriormente como voluntario na mariña de guerra portuguesa. Viaxa por Europa, América e Africa. Despues de sufrir un duro accidente Patinha vén a España.Vive un tempo en Madrid, onde pinta acuarelas.

De formación autodidacta, colaborou activamente con Cruzeiro Seixas entre os setenta e oitenta. A finais dos oitenta emprázase definitivamente en Narón (Coruña), dende onde, tanto en España coma en Portugal, gañou un notable prestixio como pintor, escultor e gravador. A súa obra foi exposta ao longo e ao largo de Galicia e Portugal, así como en Madrid, Barcelona, Francia, Italia e Brasil; e está presente en coleccións como as dos Concellos Da coruña, Narón e Lugo, as Universidades de Aveiro e A Coruña e diversos museos de Ourense, Vila Franca de Xira, A Coruña, Lisboa, Penafiel e Marbella.
En 1971 realiza a súa primeira exposición individual na súa localidade natal, Póvoa de Santa Iria.
En 1973 participa no Salón de Primavera de Estoril, e no Salón de Outono da mesma cidade. Dende enconces, case corenta exposicións individuais e mais de cen colectivas, en España e Portugal falan da traxectoria deste artista multidisciplinar.


Placa da doazón da escultura "800", conmemorativa do 800 Aniversario da consagración da Catedral Santiago de Compostela. 29/2/2012.

Á esquerda: "Placa conmemorativa da doazón da escultura "800", creada por Manuel Patinha, á Fundación Catedral de Santiago, por Hijos de Rivera S.A."


Á dereita: "Vista do claustro da Catedral de Santiago, coa escultura 800 ao fondo, en primeiro plano aprécianse as vellas campás"

Vista do claustro da Catedral de Santiago, coa escultura 800 ao fondo.



Abaixo, á esquerda: As vellas campás da Catedral de Santiago, nunha esquina do Claustro do Museo Catedralicio de Santiago. As vellas campás da Catedral de Santiago, nunha esquina do Claustro do Museo Catedralicio. Santiago, 29/2/2012.