Paco Ascón

Páxinas dedicadas á pintura de Paco Ascón

EspañolBiografía en castelán
Paco Ascón
Francisco Ascón Callejo.

Nace en Barcelona en 1945 e trasládase a Galicia aos 18 anos. A paisaxe galega influirá decisivamente na súa inquietude artística, e aproveita o seu tempo en plasmar a paisaxe, as vilas, as xentes, os costumes, debuxos, acuarelas, óleos, acrílicos, ceras, lapis, calquera medio e soporte é válido para plasmar as imaxes que impregnan a súa retina.

Realiza a súa primeira exposición colectiva en 1973 e individual ao ano seguinte. Desde esa data máis de cincuenta exposicións deron mostra da súa traxectoria artística: A Coruña, Ferrol, Barcelona, Almería, Mérida, Sarria, Betanzos, Ourense, Sevilla, Salamanca etc. e fóra de España, en París e Beziers (Francia), Os Ánxeles, Nova York e Miami (USA), Gante (Bélxica), Batalha (Portugal)...

En 1987 recibe o primeiro premio na Primeira Mostra Artes Plásticas 75 anos, certame de pintura que conmemora o 75 aniversario de Unión Fenosa. Participa en varias edicións das Balconadas de Betanzos, nos certames Laboral de Pintura, nas feiras de ARGA e en distintos certames nacionais e internacionais.

A súa obra encóntrase en coleccións institucionais e privadas: Xunta de Galicia, Caixa Postal, Caixa Galicia, concellos de Sarria, Betanzos, Oleiros, empresas como MZOV, Unión Fenosa etc.

A súa obra foi incluída en diversos catálogos de arte: Guía europea de belas artes “Euro2000”, Catálogo nacional de arte “Canart”, Guía de arte "Art 85", entre outros.


Participa en diversos certames nacionais e internacionais:

2010 Feira Internacional Fuengirola Art 2010
2010 IX Feira das Artes Plásticas A Coruña
2009 Feira Internacional Fuengirola Art 2009
2008 Feira Internacional Lleiddd’art
2007 Feira de Arte Internacional de Madrid
2007 Feira de Arte "Arte Jaén"
2005 Feira de Arte Internacional de Madrid
1998 Feira Internacional de Arte, Artexpo 1998 Motjuíc Barcelona
1998 VI Bienal Balconadas, Concello de Betanzos
1998 Salón Internacional de Artistas Contemporáneos Euroart 1998, Barcelona
1998 Feira Internacional de Arte Artexpo 1998 Os Ánxeles (EUA)
1997 Salón Internacional de Artistas Contemporáneos Euroart 1997, Barcelona
1997 II Feira Internacional de Arte Contemporánea de Castela e León, Árcale 1998, Salamanca
1996 V Bienal Balconadas, Concello de Betanzos
1996 I Certame de Arte "Galería Burela", Concello de Burela
1996 IV Certame Laboral de Pintura, Vigo
1996 XXX Salón de Béziers, Francia
1995 III Certame Laboral de Pintura, A Coruña
1994 Certame Laboral de Pintura, A Coruña e Vigo
1994 II Certame de Pintura "Maestro Mateo", Córdoba
1994 IV Bienal Balconadas, Concello de Betanzos
1992 III Bienal Balconadas, Concello de Betanzos
1990 II Bienal Balconadas, Concello de Betanzos
1988 I Bienal Balconadas, Concello de Betanzos
1987 I Mostra Artes Plásticas 75 anos, Madrid (premiado)

A súa obra foi incluída en diversos catálogos de arte:
Guía europea de belas artes "Euro2000"
Catálogo nacional de arte "Canart"
Guía de arte "Art 85"
Guía internacional de arte "International Art Promotion".
Catálogo internacional de arte "Euroart" Bcnartdirecte.
Grandes artistas de hoy, ediciones Ecuador.

Bibliografía:
Almeriarte: selección autores de nivel. Galería Almeriarte, 2004.
Andaluz, Cándida: "El Camino de Santiago significa Galicia", La Voz de Galicia, 09/04/2010.
Artexpo 98. Feira de Arte de Barcelona, 1998.
"Artistas del siglo XXI", Guía nacional, tomo II. Xirona: Ediciones Ecuador 21, SL, 2000.
"Artistas del siglo XXI", Guía nacional, tomo V. Xirona: Ediciones Ecuador 21, SL, 2004.
Belver, M.: "Xares homenajea a su iglesia milenaria", La Voz de Galicia, 15/08/2010.
Catálogo nacional de arte Canart 1995/96. Barcelona: Editorial Anuart, SL, 1996.
Catálogo nacional de arte Canart 1997/98. Barcelona: Editorial Anuart, SL, 1998.
Catálogo nacional de arte Canart 1999/2000. Barcelona: Editorial Anuart, SL, 2000.
Cobas, María: "Valdeorras me inspira mucho”, La Voz de Galicia, 19/07/2011.
Díaz, Antonio: "Paco Ascón: os camiños do Camiño", NÓS. Revista Cultural. Centro Galego de Sabadell, 2003.
"El Camino de Santiago bajo el prisma del arte", La Voz de Galicia, 25/03/2010.
El Mar, catálogo da exposición de artistas de ARGA, Centro Sociocultural Novacaixagalicia na Coruña
Euroart'97: Saló Internacional d'Artistes Contemporanis Independents. BCN Art Directe, SL, 1997.
Euroart'98: Saló Internacional d'Artistes Contemporanis Independents. BCN Art Directe, SL, 1998.
Exponadal 2009, catálogo da exposición de artistas de ARGA no Club do Mar de San Amaro da Coruña
Grandes artistas de hoy. Xirona: Ediciones Ecuador 21, SL, 2010.
Guía de Arte 01. Barcelona: Art 85, SL, 2001.
Guía de arte 98. Barcelona: Art 85, SL, 1998.
Guía europea de bellas artes 1995/96. Euro 2000. Alacante: Ediciones, SL, 1997.
Guía europea de bellas artes 1997/98. Euro 2000. Alacante: Ediciones, SL, 1998.
Guía Europea de bellas artes 2000. Euro 2000. Alacante: Ediciones, SL, 2000.
Guía europea de bellas artes 2002. Euro 2000. Alacante: Ediciones, SL, 2002.
Limia de Gardón, Xabier: "Penúltima exposición en el Ateneo", La Región, 10/10/2011.
"Los panecillos de Santa Rita", La Voz de Galicia, 18/05/2004.
M. A.: “Xares celebró su última misa", La Voz de Galicia, 20/04/2009.
Pérez, Elsa: "Mil campanadas por Santa María", La Voz de Galicia, 29/08/2010.
Portabales, Pablo: "Jóvenes coruñeses en «El barco»", La Voz de Galicia, 08/10/2011.
Prieto, Susana: "La pizarra se transforma en arte en Sobradelo", La Voz de Galicia, 01/05/2011.
Rodríguez C. Delgado, Antón S.: “Vivir entre paredes de 5 siglos", La Voz de Galicia, 15/10/2011.
Ulloa, Fina: "Si viviese en una gran ciudad no pintaría, me dedicaría a otra cosa", La Voz de Galicia, 30/11/2005.
Vento do Leste. Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña, 2003
VV. AA.: Artistas de ARGA. Guía 2012. Deputación da Coruña, 2012.

(Máis información na súa páxina de bibliografía))